O Concello de Ponteareas ten elaborada unha RPT(relación de postos de traballo) cuio único problema radica na subida salarial que pretenden os sindicatos e que supón para este concello un incremento nas nóminas de 1,5 millóns de euros que non é posible asumir neste momento

concelloA concelleira de Persoal, Belén Villar, sae o paso das manifestacións que aparecen nos medios de comunicación no día de hoxe, feitas polo sindicato independente de funcionarios, e en relación a RPT do Concello de Ponteareas, afirmando que este Concello xa ten elaborada unha RPT dende fai anos, o problema é que as pretensións salariais que fixaron os sindicatos nas diferentes negociacións que se efectuaron supera con creces as posibilidades deste Concello.

Hai que recordarlle o Sr Benigno Moldes, representante sindical, que a RPT a pesares de estar consensuada cos traballadores non contou cos informes favorables de intervención e secretaría municipal, necesarios para adoptar o acordo no Pleno, porque o que se pretendía ademais dunha organización de todolos postos de traballo era un incremento dos salarios en mais de 1,5 millóns de euros o ano.

Esta administración ten na actualidade uns costes de persoal que superan o ano os 5 millóns de euros, e en ningún caso vai poder incrementar en 1,5 millóns de euros mais esa cantidade, xa que estaríamos en 6,5 millóns de euros imposibles de asumir por este Concello.

A concelleira de Persoal, Belén Villar, considera que é necesaria a aprobación dunha RPT (Relación de Postos de Traballo), que é un documento onde quedan perfectamente identificados os diferentes postos de traballo existentes coas suas caracteristicas e funcións claramente definidas e os salarios de cada posto, e que a parte relativa as funcións dos postos de traballo xa está realizada, e o gran problema radica na valoración económica que supón un gran incremento das nóminas a pagar e que nestes momentos non é posible asumir.

Pola súa parte a Concelleira xa plantexou no seu dia como solución para desatascar a aprobación da RPT deste Concello, que os sindicatos reaxustasen os importes salariais que plantexaron, de tal xeito que o importe total de persoal non supere os 5 millóns de euros de coste da actualidade, e será nese momento, afirma a concelleira, cando poidamos retomar as negociacións e obter os informes de secretaría e intervención municipal favorables.

En relación as melloras económicas que este Goberno ven de anunciar e que supoñen a reducción da débeda histórica municipal en mais de 7 millóns de euros nestes últimos anos (2011 a 2014), isto é o resultado dunha importante xestión e control dos gastos, entre os que entre outras medidas de control, estivo o peche de varios servicios e a amortización de prazas de varios traballadores, medidas por certo que foron necesarias todas elas para poder non só pagar as débedas históricas, senón tamén pagar os gastos actuais, entre os que están as nóminas dos traballadores que actualmente véñense pagando puntualmente.

Mentres non se paguen todas as débedas, este Concello non vai poder incrementar os gastos, nin de persoal nin ningún outro gasto. Todo isto está perfectamente recollido no Plan de Saneamento Económico e que dura ata finais do ano 2016, e que debemos cumprir estrictamente si queremos seguir atendendo os pagos tanto os proveedores como os traballadores municipais.

En definitiva, decirlles os representantes sindicais que antes de falar de aumentos temos primeiro que falar de saneamento económico dun Concello que estivo a punto de non poder pagar as nóminas e ser intervido, e que na actualidade está a cumprir estrictamente con todas as súas obrigas.