O Concello de Ponteareas solicita a creación dunha Unidade de Apoio Comunitario en Saúde Mental

O Concello de Ponteareas liderará, tras ser aprobado no pleno do 20 de xuño, o apoio do resto dos concellos das comarcas Condado e A Paradanta, a reclamación á Xunta da proposta da Asociación Avelaíña de Axuda ás Persoas con problemas de Saúde Mental, de crear unha Uniade de Apoio Comunitario en Saúde Mental, respaldando a súa iniciativa de mellorar a calidade de vida dos cidadáns que padecen, directa ou indirectamente, estas patoloxías, sen ningún tipo de recurso específico na zona.
O Concello de Ponteareas comprometeuse a buscar alianzas cos concellos da comarca para establecer unha estratexia común e conseguir algunha acción urxente por parte da Xunta de Galicia e apoios da Deputación de Pontevedra e outros organismos públicos e privados que desenvolvan a atención xa iniciada por Avelaíña no Condado e A Paradanta.

Como primeira medida despois de proxecto “Achego”, Avelaíña dedidíu votar man dos seus recursos propios para que houbese continuidade da atención indicada, destinando tres días a unha psicóloga e a unha traballadora social dende o mes de xaneiro a día de hoxe, tentando lograr que se poña en funcionamento, con urxencia, algunha fórmula de asistencia permanente, “xa que o que están a facer non é suficiente e os recursos que están dispoñendo non poden manter moito máis tempo”, destaca a Concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

Ante esta situación Avelaíña fai unha proposta de actuación básica e urxente a través dun programa con dúas liñas básicas de actuación: unha Unidade de Apoio Comunitario en Saúde Mental con base en Ponteareas, e o servizo de Atención Domiciliaria.

Segundo Verónica Carrera, “entendemos que sería competencia da Xunta de Galicia implicarse directamente no financiamento ou posta en funcionamento dalgunha alternativa que garanta unha atención sociosanitaria tan necesaria para este colectivo, contando coa colaboración dos concellos implicados, a Deputación de Pontevedra e outras entidades públicas e privadas para aspectos relacionados co programa de actuación: transporte, locais, recursos….”

Rafa Álvarez, director xerente de Avelaíña explica que “neste ano de servizo en Ponteareas que tratamos xente das Comarcas Condado-Paradanta temos constatado que existe unha inadecuada atención ás personas con enfermidades mentais. Hai un gran número de personas afectadas por un problema de saúde mental que non reciben nin recibiron ningún tipo de atención”.

Segundo Avelaíña nestas dúas comarcas existe unha carencia de dispositivos e programas específicos de atención a personas con enfermidade mental e as súas familias, unha escasa conexión coa Unidade de Saúde Mental de Vigo e un rexeitamento á poboación con este tipo de enfermidades.

Na comarca do Condado, detectan arredor de 1154 enfermos de saúde mental e na Paradanta 332 persoas afectadas. Desde o ano 1997 Avelaíña presta servizos de saúde mental en Baixo Miño e Val Miñor traballando nas áreas socioeducativa, terapéutica, ocupacional e pre-laboral.

O pasado ano, en resposta á petición de traballadoras sociais de Condado e Paradanta, Avelaíña deseñou o proxecto Achego para tentar achegar a atención sociosanitaria ás personas con enfermidades mentais e aos seus familiares.

Tras ser seleccionado o proxecto pola Federación de asociacións de familiares e personas con enfermidade mental de Galicia (FEAFES Galicia) e con fondos da Consellería de Política Social, ponse en marcha mediante a contratación dun equipo específico de intervención (unha psicóloga clínica e unha trabajadora social) con carácter temporal, que co apoio do equipo asistencial da entidade atendeu a 85 personas desde setembro de 2016, 39 en A Paradanta e 45 no Condado. REalizáronse 255 atención directas a usuarios e 65 a familiares.

Avelaíña está no centro social de Ponteareas, 2º andar, os luns, mércores e venres en horario de 09:00 a 14:00 horas. Na Cañiza no multiusos, 1º andar os martes e xoves de 09:00 a 14:00 horas.

web: http://www.avelaiña.es/