O Concello de Ponteareas seguirá mellorando os viais das parroquias, investindo máis de 31.000 euros na parroquia de Cristiñade

concelloO Concello de Ponteareas, dentro do Plan de  mellora das vías de circulación municipais, tanto urbanas como do rural, continuará mellorando estas infraestruturas viarias co fin de facilitar o tránsito seguro e as mellores condicións para a circulación viaria. Así, será a parroquia de Cristiñade obxecto de execución dentro de breves datas de obras de reposición do firme do vial que vai do barrio da Porteliña ás Cinco Esquinas cun investimento superior aos 31.000 euros.

As obras consistirán na reposición do firme  nun tramo de preto dun quilómetro de lonxitude que presentaba un mal estado debido ao desgaste do propio uso e pola inexistencia de gabias nalgúns tramos ou por atoparse cubertas de vexetación. Os traballos que se executarán consistirán no recrecemento da capa de rodadura mediante unha mestura bituminosa en quente , que ten a vantaxe deun menor prexuízo para os usuarios ao ser as interrupcións e cortes de tráfico menos prolongados, ademais de solucionar problemas de drenaxe coa limpeza e construción de gabias e dotar a calzada de pendente transversal axeitada coa finalidade de conducir as augas da chuvia..

 
A través destas obras, e doutras que recentemente se levaron a cabo noutras parroquias, como en Bugarín ou en Xinzo, búscase, segundo o goberno pontearán, sobre todo, incrementar a seguridade viaria e mellorar as condicións de circulación polas mesmas.