O Concello de Ponteareas segue apostando pola creación literaria en galego.

Sampedro, Manrique, Isabel BlancoO venres pasado, día 2 de xaneiro, tivo lugar na Bibliotaca Pública Municipal de Ponteareas a presentación dun novo libro do escritor Manrique Fernández Vázquez, titulado “Crónicas de Embora”. A presentación correu a cargo do concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, e da escritora Isabel Blanco Rivas, os cales fixeron unha introducción á nova obra do escritor lucense afincado en Ponteareas, Manrique Fernández Vázquez, salientando entre outros aspectos a súa riqueza léxica e o doado e sinxelo da súa lectura.

O edil de Cultura quere salientar a importancia de contribuír a difundir a literatura, sobre todo de escritores ponteareáns ou con fortes vinculación á vila, como elemento de divulgación e, ao mesmo tempo, de aliciente para a creación de novas publicacións e, para tal fin, o Concello de Ponteareas apoiará esta iniciativa coa compra de exemplares que formarán parte dos fondos da Biblioteca Pública Municipal, bibliotecas escolares e axencias de lectura.