O Concello de Ponteareas retira varias verteduras incontroladas na parroquia de Ribadetea

O Concello de Ponteareas retira varios vertidos incontrolados na parroquia de Ribadetea

 

A concellaría de Medio Ambiente lembra que hai un servizo gratuíto de recollida de utensilios chamando ao 986 640 307 e que desbotar así o lixo pode carrexar importantes multas

 

O Concello de Ponteareas acaba de proceder á retirada de tres novas verteduras incontroladas na parroquia de Ribadetea que apareceron nos últimos días na zona da Freixa, no Alto da Gloria e xunto aos colectores a carón do Centro de Desenvolvemento Local. Tres puntos distintos na mesma parroquia no que se detectou a acumulación de residuos sólidos de distinta natureza, dende pneumáticos ata mobiliario ou restos de obra, que causan importantes prexuízos tanto ao resto da veciñanza como á contorna dende o punto de vista ambiental.

 

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, lembra que este tipo de actitudes incívicas “amosan unha falta de respecto” cara ao resto de usuarios e usuarias, que sofren as consecuencias destes vertidos, xa que “ademais da mala imaxe que causan para o municipio, a retirada de lixo destes puntos fóra do día de recollida estipulado fai que se teñan que reorganizar os servizos municipais en detrimento doutras tarefas”.

 

O Concello ten a disposición da veciñanza un servizo de recollida de todo tipo de lizo e utensilios totalmente de balde. A persoa usuaria soamente ten que chalar ao número de teléfono do punto limpo, o 986 640 307, e se lle indicará día e horario para proceder a depositar os diferentes elementos para que a empresa encargada pase a recollelos coa maior rapidez posible.

 

A edil recorda tamén que a normativa de residuos contempla sancións elevadas para a persoa responsable destas accións, xa que a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular considera unha infracción moi grave o vertido de residuos sen a correspondente autorización, o que pode carrexar multas de ata os 3.500.000 euros por solos contaminados. O regulamente establece estas sancións elevadas para o abandono, incluído lixo disperso; a vertedura e a xestión incontrolada de calquera tipo de residuos, porque pode supoñer un perigo grave para a saúde das persoas ou producirse un dano ou deterioro grave para o medio ambiente ou espazos protexidos.