O Concello de Ponteareas recoñece a traxectoria da Asociación Musical Obradoiro Vocal “A Vila”

O auditorio Reveriano Soutullo acolle mañá xoves día 29 de xuño ás 21 horas o acto do recoñecemento á Asociación Musical e Cultural Obradoiro Vocal “A Vila” polo traballo destes trece anos e ao coro Cantemos polo segundo premio acadado en Torrevieja co coro xuvenil no certame de Habaneras.
O Coro Cantemos foi o único coro español que levou un premio. No certame participaban catro coros estranxeiros (Rusia, Eslovaquia, Ucrania…) e catro españois Madrid, Valencia e Andalucía
No coro xuvenil son 60 membros de idades dende os 11 ata os 18 anos. Nas categorías inferiores 30 membros entre os 3 anos e os 10 e xa na categoría adulta son case corenta que van a partir dos dezoito anos
Ruth Barros, directora do Coro Cantemos agradece a todos os cantores o seu traballo e anímao a seguir medrando xuntos.
Nestes intres xa está aberto o prazo de inscripción do curso de dirección coral que se celebrará do día 29 de xullo ao 3 de agosto Os interesados pódense inscribir no facebook do coro ou na web obradoirovocalavila
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, felicita a todos os membros do coro polo seu premio e bo facer e por deixar o nome de Ponteareas nos primeiros postos do certame.