O Concello de Ponteareas recibe unha subvención para a mellora dos fondos da Biblioteca Pública e das Axencias de Lectura municipais

concelloA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de concederlle ao Concello de Ponteareas unha subvención para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura municipais, coa finalidade de posibilitar a mellora dos fondos bibliográficos que configuran as coleccións e poidan adquirir novidades bibliográficas para colaborar na actualización e dar resposta ás demandas bibliográficas dos usuarios.

O Concello de Ponteareas amósase moi satisfeito pola concesión desta subvención que permitirá engrosar os fondos das bibliotecas municipais e que será destinada a comprar novidades bibliográficas, sobre todo aquelas obras que son máis solicitadas polos usuarios das bibliotecas municipais, dando cumprida resposta ás súas demandas e incrementando a oferta e o servizo que se lles presta aos usuarios. Así mesmo, o edil de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quere salientar a importancia destas axudas que contribúen a mellorar e actualizar as bibliotecas e axencias municipais, así como son un elemento dinamizador da literatura e da lectura e que, tal como se vén facendo desde o Concello de Ponteareas, quen apoia desde o eido local a publicación de novas achegas editorias coa compra de exemplares, sobre todo de temática local,  incrementarán os fondos da Biblioteca Pública Municipal e axencias de lectura de Ponteareas.