O Concello de Ponteareas presenta á veciñanza o proxecto de humanización da rúa Domínguez Benavides

Será este xoves 26 de xaneiro ás 20.00 h no salón de plenos

O Concello de Ponteareas presenta á veciñanza o proxecto de humanización da rúa Domínguez BenavidesO Concello de Ponteareas vén de convocar a toda a veciñanza da rúa Domínguez Benavides e rúas próximas, como Paseo Matutino ou Castañal, a unha reunión este xoves 26 de xaneiro ás 20:00 no salón de plenos da Casa Consistorial para presentar o proxecto de humanización da rúa. Ademais das e dos residentes están tamén convocados os pais e nais dos nenos e nenas da Escola Infantil e o Consello da Infancia, xa que na rúa Domínguez Benavides sitúase a Escola Infantil Municipal.

No acto intervirán a alcaldesa, Cristina Fernández; o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera; e a técnica redactora do proxecto, Trinidad López.

Na actualidade, a rúa Domínguez Benavides ten xa carácter peonil. O proxecto contempla convertela nunha rúa de plataforma única e de calidade urbana para o desfrute da veciñanza.