O Concello de Ponteareas pecha as súas contas do ano 2013 cun superavit de 1,57 millóns de euros

concelloO pasado 27 de marzo, o Concello de Ponteareas liquidou en prazo as Contas do ano 2013. Unhas contas que cumpren co Plan de Saneamento Económico Financeiro que se aprobou no Pleno no mes de Decembro.

Pola súa parte a Concelleira de Facenda, Belén Villar, amosaba a súa satisfacción polo resultado do traballo que se está a facer no departamento económico, e que permitiu  por primeira vez en moitos anos liquidar as Contas do ano 2013 no prazo marcado pola Lexislación.

Ademais o Pleno municipal celebrado o 1 de abril aprobou a Conta Xeral do ano 2012 e esta xa foi remitida o Consello de Contas.

Segundo a Concelleira, os datos mais relevantes do ano 2013 son, en primeiro lugar, o aforro de 1,57 millóns de euros co que se pechou o ano 2013, co cal este Concello cumpre co principio de estabilidade presupostaria”, e en segundo lugar, a reducción que se produxo no Remanente de Tesourería que pasa de -10,4 mill de euros no ano 2012 a -9,4 mill de euros no ano 2013, co cal constátase a reducción cada ano desta variable, acumulando nos últimos tres anos una reducción de 4,6 millóns de euros. Isto significa que o Goberno está a traballar na liña adecuada e que o Concello reduce as súas débedas.

Tamén a Concelleira afirmaba, que o superávit do ano 2013 destinouse a pagar débedas de anos atrasados, para cumprir así co obxetivo que se marcou o Goberno de atender ás débedas históricas, sen esquecer pagar as obrigas contraídas dentro do ano en curso. Durante o ano 2013 pagáronse 13,20 millóns de euros, dos cales 2,57 millóns de euros correspóndense a débedas doutros anos. Os restantes 10,62 millóns de euros son pagos de obrigas orixinadas no ano 2013, co cal o cumprimento de pagos no propio exercicio 2013 foi de o 93% das obrigas contraídas.

Para rematar, a concelleira afirmaba que as Contas do ano 2013 que se liquidaron reflexan uns datos axustados a realidade cumprindo así co “principio de imaxen fiel” do Concello, algo no que se leva traballando dende o inicio desta lexislatura, por entender que é prioritario coñecer a realidade económica do Concello, para poder así tomar as medidas necesarias e precisas.