O Concello de Ponteareas pagou mais do 90% das obrigas contraidas durante o ano 2013

logoA Concellería de Facenda informou que as contas do ano 2013 reflexan que se pagou mais do 90% das obrigas contraídas.

O Concello de Ponteareas cumpre coas empresas e cos traballadores e paga as obrigas nos prazos que fixa a lei para todas as Administracións públicas.

Das arcas municipais, no ano 2013, sairon 10,75 millóns de euros para pagar obrigas. Deste importe 1,12 millóns de euros eran obrigas doutros anos.

A Concelleira de Facenda, Belén Villar, manifesta que o Concello de Ponteareas na actualidade está a pagar os seus proveedores mellor que nunca. No que respecta o ano pasado 2013 pagouse mais do 90% dos gastos contraídos.

A isto ai que engadir o pago o que se está facendo fronte tamén das débedas acumuladas e atrasadas que ten este Concello doutros anos, e que durante o ano 2013 se viu reducida dita débeda en 1,12 millóns de euros.

En total durante o exercicio 2013 o Concello desenvolsou das súas arcas municipais 10,73 millóns de euros, para atender tanto as obrigas do ano 2013 como as obrigas acumuladas de outros anos as que o Concello ten que facer fronte.

A isto ai que engadir que durante o ano 2012 e 2013 fíxose unha gran depuración dos saldos erróneos que había na contabilidade municipal, orixinarios algúns deles dende o ano 1990 ata a actualidade. Para elo aprobouse un expediente de prescripción de dereitos e obrigas que permitiu un gran avance no clarexamento da información que facilitan as contas municipais.

Grazas o exhaustivo control que se está a levar no departamento económico, afirma a Concelleira Belén Villar, podemos comprometernos e cumprir co pago de todas as obrigas que este Concello contrae, tanto coas empresas, coma cos traballadores, coma coas Entidades Financeiras.

Nestes momentos, e trala aprobación do Plan de Saneamento Económico-Financeiro a finais do ano pasado, o Goberno local está a traballar para conseguir que o Estado reduzca o Concello a retención do PIE (Participación dos Ingresos do Estado) do 50% o 25%, o que suporá uns 2 millóns de euros mais o ano de liquidez.