O Concello de Ponteareas ofrecerá información sobre as alfombras aos visitantes mediante un código QR

O sistema permite aos alfombreiros ofrecer información á veciñanza e turistas sobre como se fixeron, fotos ou historia, entre outra información xenérica.

 

A Concellería de Novas Tecnoloxías habilitou un sistema do código QR para que cada tramo de alfombras de flores poda ofrecer información ao público que se achegue ao Corpus. A través dunha aplicación de escaneo os veciños e veciñas, así coma os turistas poderán acceder a contidos soo deseño das alfombras, fotos de pasadas edicións ou mesmo historia dos alfombrados.

qr_giralda

“Queremos achegar o Corpus aos novos tempos. Este é unha primeira iniciativa para que as alfombras podan chegar a máis xente a través da rede”, explica o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez.