O Concello de Ponteareas oferta un curso en liña de Lingua de Signos (Nivel A1.1)

A Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa que se abre o prazo de inscrición para o curso de Lingua de Signos nivel A1.1. O curso é de balde e totalmente en liña, cunha duración total de 30h das que 20h serán de sesións lectivas en grupo en directo e as 10 horas restantes de actividades individuais e titorías.

 

O curso iníciase o 2 de marzo e desenvolverse durante os martes e xoves de marzo e abril, en horario de 18 a 20 horas.

 

Poderán acceder á formación todas as persoas maiores de 18 anos e que estean empadroadas no Concello de Ponteareas. Deberán dispor de conexión a internet e de ordenador, teléfono ou tableta con cámara dianteira.

 

O prazo para inscribirse comeza o venres 19 de febreiro e remata o venres 26 febreiro. A inscrición realizárase a través do rexistro do Concello de Ponteareas. É obrigatorio indicar un correo electrónico para que o equipo docente poida enviar as ligazóns e contidos do curso.

 

“Queremos ofrecer á veciñanza a oportunidade de aprender a lingua de signos dende o seu fogar neste tempos de restricións da mobilidade” sinala Fernando Groba, Concelleiro de Cultura. Ao mesmo, indica que ofertamos este curso co obxectivo de manter ás persoas activas con actividades de lecer positivas que permitan mellorar a súa cualificación profesional ao tempo que se favorece a comunicación coa persoas xordas e a inclusión.