O Concello de Ponteareas investirá máis de 12.000 euros en dinamizar con actividades os centros e casas culturais do municipio durante o ano 2015

concelloO Concello de Ponteareas, un ano máis, dentro do seu Plan Cultural Municipal, subvencionará as actividades destinadas a dinamizar os centros e casas culturais, potenciando e dotando de activides culturais e musicais a estes centros, co fin de contribuír  á  difusión e á  promoción da música, o  folclore, o  teatro  e  demais manifestacións  artísticas, a través das actuacións de bandas de música, orquestras de cámara, bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folclóricos, pandeireteiras, grupos de teatro, grupos de playback, charangas, grupos rock, grupos de metais, madeira, corda, etc. O Concello de Ponteareas investirá máis de 12.000 euros que serán destinados a subvencionar as actividades das agrupacións, achegando o Concello un do 75% do seu caché, mentres que  o centro ou casa cultural deberá achegar o  25% restante.

Poderán solicitar a inclusión neste Plan Cultural Municipal para o ano 2015 as agrupacións do termo municipal de Ponteareas como bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, bandas de gaitas,  grupos de gaitas,  grupos  de teatro, grupos rock, grupos de pandereteiras, Ranchos de Reis etc. As solicitudes para a inclusión neste plan poderanse recoller no Departamento de Cultura do Concello de Ponteareas, ou descargalas da  páxina web do concello e, xunto coa documentación prevista, presentarase no Rexistro de Entrada do Concello, desde o día  20 de febreiro ata o 11 de marzo.

Cómpre destacar, segundo o rexedor ponteareán, Salvador González Solla, o compromiso do Concello de Ponteareas de seguir apoiando a cultura a través das mencionadas axudas destinadas a sufragar as actividades culturais dos centros e casas culturais, que supoñen, ademais, da dinamización do propio centro, unha forma de difusión dos grupos locais dentro do propio municipio.