O Concello de Ponteareas insta á veciñanza a manter a prudencia ante a situación epidemiolóxica actual

A alerta sanitaria pola COVID-19 en Ponteareas oscila nas últimas semanas entre o nivel 0 e o nivel 1

O Concello de Ponteareas, a través da concelleira de Saúde, Cristina Fdez. Davila, informa que a localidade vén de entrar no nivel 1 de alerta sanitaria, segundo fixo público a Xunta de Galicia. Isto implica que, nos últimos sete días, os novos casos positivos confirmados de COVID-19 sitúanse entre 7 e 14, non superando en todo caso os 14 nas últimas dúas semanas.

 

A concelleira de Saúde, que mantén o contacto permanente coa coordinadora do Centro de Saúde da localidade, informa que a situación epidemiolóxica oscila nas últimas semanas entre o nivel 0 e o nivel 1. Neste sentido, Fernández Davila insta á veciñanza a “manter a prudencia e a responsabilidade, xa que neste momento a prevención é a maior garantía para non incrementar os valores epidemiolóxicos e manter un nivel baixo de novos contaxios”.

https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/vigo