O Concello de Ponteareas iniciou os traballos de desbroces e limpeza de espazos públicos

O Concello de Ponteareas informa que se iniciaron os traballos de desbroces e limpeza de espazos públicos. A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, explica que nunha primeira fase se desbrozarons as sendas, parques e zonas máis transitadas, antes de realizar un desbroce por completo de cada parroquia. Nestes primeiros días, ademais, elíminase a maleza na contorna dos colectores de lixo, illas de reciclaxe e paradas de autobuses en todo o concello.

O inicio dos traballos retrasouse como consecuencia do estado de alarma, incluso nestes momentos faltan por incorporar 8 persoas máis para completar as cuadrillas de medio ambiente ao estar suspendidos os procesos de selección de persoal durante os últimos dous meses. Nestas semanas retomaranse os procedementos para poder contar cun total de 15 persoas, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, para os desbroces manuais ademáis de dous condutores para os desbroces mecánicos dos tractores.

O concello conta con máis de 400 quilómetros de estradas municipais no rural asfaltadas nas que se realizarán estes traballos de limpeza de cunetas, garantindo unha maior seguridade e visibilidade. “Planifícanse os traballos en base aos criterios de necesidade e nas estradas municipais máis transitadas, tendo en conta tamén as indicacións sanitarias, ata completar o conxunto das parroquias” manifestou a concelleira de medio ambiente, Rosa Covelo, que ten planificado realizar dous ciclos de desbroces completos de todas as estradas municipais do rural durante estes meses de primavera e verán.

 

Continúa a desinfección e baldeo dos espazos públicos cun uso máis intenso

O alcalde Xosé Represas engade que, ademáis da limpeza e desbroces, continuarase coas labores de desinfección e baldeo, reforzando estas tarefas nas zonas con maior uso xa que con motivo de pasar a fase 1, na situación da crise sanitaria, haberá unha maior utilización do espazo público pola cidadanía. Estes traballos de desinfección son realizados pola empresa FCC Medio Ambiente, de luns a sábados dende ás 6:30. Nestas labores de hixienización de rúas participan un equipo composto por 3 peóns, 1 condutor, un vehículo cisterna e un atomizador. Os baldeos de hixienización tamén se realizan naquelas zonas máis poboadas do rural, empregando deterxente con propiedades desinfectantes ao conter amonio cuaternario.