A concellería de Deportes de Ponteareas, xestionada por Benito Márquez, quere informar da publicación por parte da Deputación de Pontevedra das bases reguladoras das subvencións para material deportivo a clubs federados de municipios da provincia con menos de 50.000 habitantes.
Poderán ser beneficiarios destas axudas os clubs federados inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia. As solicitudes pódense cubrir nesta ligazón e deben ser presentadas nalgún dos rexistros do organismo provincial. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 decembro, inclusive. As bases poden ser consultadas nesta ligazón.
No caso de precisar máis información, o departamento de Deportes do Concello de Ponteareas está á disposición de todas as entidades do municipio interesadas.