O Concello de Ponteareas estivo presente na Feira Internacional de Turismo (Fitur) na presentación da “Ruta dos Castelos” e “Ruta dos Xacementos”

Fitur 2014O Concello de Ponteareas estivo presente un ano máis da man de Turgalicia no maior escaparate para o mundo que é Fitur, Feira Internacional de Turismo, onde Ponteareas tivo a oportunidade de promocionar a súa vila como un destino de calidade e pór en valor os seus recursos turísticos como son a natureza, a cultura, o patrimonio e as súas festas para que a través da difusión no sector turístico poida ser escollida como destino de futuros viaxeiros que se acheguen para coñecer a vila do Corpus.

Esta mañá, ás 12:30 horas, o alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado do concelleiro de Cultura e Turismo Andrés Sampedro Fernández, asistiron á presentación de dúas novas rutas, a “Ruta dos Castelos” e a “Ruta dos Xacementos”, que foron presentadas polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, baixo o título “ Rías Baixas en los albores de la historia “, e nas que se fai unha clara aposta polo turismo cultural e no que o concello de Ponteareas está representado polo castelo de Sobroso e o castro de Troña, enclaves que ademais do seu valor patrimonial, están enmarcados nunha paisaxe natural digna de visitar e de disfrutar.