Nos vindeiros días o Concello de Ponteareas presentará na Oficina de Emprego de Ponteareas a oferta para contratar a 34 persoas con cargo á Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Os contratos terán unha duración que oscilará entre os 3 e os 10 meses e comezarán, de maneira escalonada, a partir do vindeiro mes de febreiro.
A selección efectuarase previa presentación da oferta de emprego por parte do Concello no Servizo Público de Emprego, a cal se realizará, asemade, cun mínimo de 10 días de antelación en todos os casos, de xeito que todas as persoas interesadas teñan tempo suficiente de comprobar os seus respectivos códigos na Oficina de Emprego de Ponteareas.
Estas persoas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
As profesións e códigos de ocupación que se solicitarán a partir da presentación da correspondente oferta na Oficina de Emprego de Ponteareas serán:
OCUPACION E NUMERO DE PRAZAS | Código nacional de ocupación | |
2 | peóns de vías e obras | 96.02.10.13 |
5 | peóns xardineiros | 95.12.10.19 |
2 | oficiais de segunda de oficios | 71.91.10.12 |
5 | oficiais albaneis | 71.21.10.15 |
1 | oficial electricista | 75.10.10.33 |
1 | oficial fontanero | 72.21.10.12 |
3 | limpiadora | 92.10.10.50 |
1 | peon de oficios diversos | 96.01.10.29 |
1 | peon grumir | 59.99.10.36 |
2 | auxiliar de policia local | 59.23.10.17 |
3 | auxiliar administrativo | 43.09.10.29 |
1 | monitor de ocio e tempo libre | 37.24.10.34 |
1 | auxiliar de clinica | 56.11.10.13 |
1 | auxiliar de biblioteca | 37.33.10.21 |
1 | Licenciado en educacion fisica | 37.23.10.77 |
1 | ciclo superior de obras públicas | 31.22.10.96 |
1 | oficial de cocina | 51.10.10.26 |
1 | tecnico de medioambiente | 31.29.11.89 |
1 | educador infantil | 22.52.10.13 |