O Concello de Ponteareas, a través da súa alcaldesa Cristina Fernández Davila, amosouse profundamente consternado polo falecemento repentino, no día de hoxe, do Oficial Xefe da Policía Local, Benigno Moldes Álvarez.
A rexedora fixo chegar á familia e amigos de Benigno Moldes o seu pésame e as condolencias da Corporación Municipal e dos empregados e empregadas municipais polo seu pasamento.
Asemade, trasladou o seu apoio e solidariedade á súa familia neste momento de dor e tristura.
O Concello convocou para mañá ás 12 do mediodía diante da Casa do Concello un minuto de silencio en memoria de Benigno Moldes.
