O Concello de Ponteareas comezou a pagar as axudas directas a negocios afectados polo Covid-19

Rexistradas máis de 500 solicitudes de autónomos, comercios e empresas

Aprobadas e con orde de pago as primeiras 58 solicitudes que cumpren os requisitos

O goberno do BNG-PSOE informa que nestas primeiras semanas, dende o inicio do prazo de presentación de solicitudes, o Concello de Pontearas recibíu algo máis de 500 peticións de subvencións de 500 euros por peche de actividade ou de 300 euros por perdas superiores ao 40%. O prazo de presentación estará aberto ata 30 días despois de finalizado o estado de alarma.

 

Ata o día de onte, os técnicos do Concello xa revisaron 262 das solicitudes presentadas, completando a tramitación para o seu pagamento, que foi ordenado por decreto de alcaldía, dun total de 58 solicitudes que cumprían todos os requisitos. O importe total abonado é de 29.800 euros que se correspondente con 50 actividades que tiveron que pechar o seu negocio e 8 que, estando abertas tiveron perdas de máis do 40% como consecuencia da crise sanitaria neste período.

 

A tramitación das peticións por perdas é máis complexa pola documentación necesaria para xustificar a menor cifra de negocio, tamén hai un numeroso grupo de solicitudes incompletas ás que se lle require documentación para que poidan ser atendidas todas as peticións das actividades ás que vai destinada a convocatoria de axudas directas. Tramitación realizada polo persoal municipal de forma telemática, demostrando tamén a capacidade de adpatación a esta nova situación do estado de alarma para que a administración municipal seguise funcionando.

 

Nestas primeiras 58 solicitudes das que está decretado o seu pago, hai negocios de todo tipo; comercio minorista, hostalería, servizos como perruqueria, etc.

 

O obxectivo destas axudas é promover a actividade económica en Ponteareas, cun apoio inmediato que minimice o impacto da crise económica provocada polo Covid-19. A finalidade é reactivar a economía do concello despois do estado de alarma, dahí a necesidade de apoiar directamente as persoas e empresas máis afectadas

Cómo xa se comunicou, o Pleno do Concello de Ponteareas aprobou recentemente unha modificación do orzamento que contempla destinar a estas solicitudes un total de 230.000 euros para que ningunha das persoas afectadas quede sen recibir esta axuda.

 

Estas axudas son ademais compatibeis coa percepción doutras subvencións do Estado ou da Xunta de Galicia.