A OMIC tramitará as reclamacións diante dos bancos
O Concello de Ponteareas asesorará e dará apoio xurídico gratuíto aos veciños afectados pola sentenza das cláusulas suelo das hipotecas para recuperar o diñeiro pagado aos bancos como consecuencia dos tipos de interese mínimo que fixaban estas cláusulas tras a recente sentenza dos tribunais europeos que acaban de dar a razón á cidadanía fronte as corporacións bancarias.
Este asesoramento realizarase a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor –OMIC- e guiará aos veciños e veciñas sobre os procedementos a seguir para recuperar as cláusulas solo porque non é un proceso que como consecuencia da sentenza se aplique directamente, “ten que ser a iniciativa da persoa afectada para recuperar o seu diñeiro”, afirmou o alcalde, Xosé Represas.
A sentencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) obriga, con carácter retroactivo, aos bancos a devolver o importe cobrado de máis coas cláusulas suelo das hipotecas. A OMIC iniciará a partir do 9 de xaneiro o asesoramento aos afectados para que poidan reclamar as cantidades cobradas de máis polas súas entidades financeiras. Recomendan pedir cita por tfno. ao número 986.640000, ext.2211
A responsable municipal da Oficina do Consumidor, Antonia Yanes, considera prudente agardar uns días para coñecer a posición de cada entidade bancaria sobre o procedemento de devolución. A OMIC proporá reclamar de maneira extraxudicial agotando a vía de reclamación gratis para non ter que ir aos tribunais de xustiza.
Dende o Concello tamén teñen previsto realizar unha charla informativa para explicar a sentenza e a forma de proceder na reclamación aos bancos.