O Concello comeza a poda para acondicionar as árbores das zonas verdes e rúas de Ponteareas

 

Elimina as ramas en mal estado e as que poden molestar á veciñanza, pero mantendo a estrutura da árbore, a responsable do sombreado en verán

 

O Concello de Ponteareas comezou esta semana as tarefas de poda para acondicionar as árbores das zonas verdes e rúas da vila. Os operarios e operarias municipais están a eliminar as ramas en mal estado e as que poden molestar á veciñanza, pero mantendo a súa estrutura para que permita manter un sombreado adecuado no verán ou nas épocas de calor. 

 

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, explica que o Concello decidiu realizar a poda coa maior rapidez posible, xa que facilita o tránsito e a comodidade nas rúas e tamén reduce os riscos de accidente durante un temporal. Para este traballo a Concellaría destinou varios operarios e unha plataforma elevadora co obxectivo de “rematar as actuacións canto antes”. A edil tamén lembra que todos estes traballos contan cun protocolo de seguridade para poder evitar danar as árbores.