O Concello aporta 5000 euros á Asociación de Alfombristas para promocionar e divulgar o Corpus

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Presidente da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, Miguel García Correa, asinaron o convenio de colaboración en virtude do cal o Concello de Ponteareas aporta este ano 2019 a cantidade de 5.000 euros para a promoción e divulgación da festividade e a confeción de alfombras florais tanto no Estado como anivel internacional, así como a participación en eventos relacionados coa arte efémera.

O Concello anticipará o 80% da contía concedida, 4.000 euros, mentres que o 20% restante se abonará antes do 31 de decembro unha vez xustificados os gastos realizados.

O alcalde eloxiou o traballo desenvolvido pola Asociación de Alfombristas, especialmente a nivel internacional, e sinalou que “é a primeira vez que desde o Concello se asina un convenio e se outorga unha axuda destas características para apoiar o Corpus Christi e a nosa intención é ir a máis agora que temos o Concello recuperado economicamente”.