O Concello apoia a ‘Iniciativa polo audiovisual en galego’, impulsada pola Mesa de Normalización Lingüística

O Concello apoia a ‘Iniciativa polo audiovisual en galego’, impulsada pola Mesa de Normalización Lingüística

 

Busca a igualdade para o galego na dobraxe, audiodescricións e financiamento de produción nos termos contemplados na Iniciativa Xabarín

 

O Concello de Ponteareas apoia e felicita a ‘Iniciativa polo audiovisual galego’, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística co obxectivo de buscar a igualdade para o galego na dobraxe, audiodescricións e financiamento de produción nos termos contemplados na Iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade no Parlamento galego, procurando “a normalización do uso da lingua galega nun eido de extrema importancia como é o audiovisual”, como salienta o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

 

Para o edil iniciativas como esta son fundamentais “para que dispoñamos de máis oferta televisiva e mediática na nosa lingua e paliar así a inmensa desproporción que existe hoxe en día entre o emprego das linguas que conviven na nosa sociedade nos medios de comunicación”.

 

Con esta nova campaña búscase presentar emendas á nova Lei do Audiovisual garanta a igualdade para o galego no desenvolvemento do conxunto do audiovisual e das canles e plataformas de contidos televisivos nas vindeiras décadas.