O Concello anuncia limitacións ao tráfico polas obras da rede de calor e de humanización no Centro de Saúde

 

Durante a vindeira semana afectarán á Avenida de Galicia, Domínguez Benavides e Santa Ana, ademais do acceso ao Centro de Saúde

A concellaría de Mobilidade e Tráfico informa das limitacións ao tráfico rodado que se implementarán desde o vindeiro luns como consecuencia da execución de varias obras.

 

Por unha banda, o soterramento da rede de calor con biomasa provocará o corte durante varios días da Avenida de Galicia desde o cruce con Carballos até o entronque co Paseo Matutino. Nese tramo unicamente poderán acceder en vehículo os residentes, usuarios de garaxes e titulares de comercios. Para facilitar a circulación desde o oeste da vila cara a N-120, abrirase ao tráfico o primeiro tramo do Paseo Matutino, peonalizado desde a corentena, e permitirase o xiro á esquerda cara Castañal e N-120. Ademais, pecharase ao tráfico durante alomenos unha semana a rúa Escritor Domínguez Benavides que discorre por diante da Escola Infantil Municipal. Por último, a mesma obra obrigará a reducir a rúa Santa Ana a un único sentido de circulación desde Vidales Tomé en dirección á Praza Maior, alomenos durante unha semana. En consecuencia, mentres se executen as obras e se manteña o sentido único accederase a Santa Ana desde Vidales Tomé e sairase pola Praza Maior.

 

As obras no complexo deportivo Álvaro Pino e Centro de Saúde tamén conlevan que desde o luns, e durante varios días, se prohiba o acceso desde o Restaurante Ponteareas até o Centro de Saúde. Os vehículos deberán utilizar o acceso desde a estrada de Mondariz, que actualmente é de sentido único, e sairán pola estrada do barrio das Cachadas.

 

O goberno municipal agradece a comprensión veciñal diante dos inconvintes e incomodidades que todas as obras en espazos públicos inevitabelmente sempre xeneran.