O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións para colectivos de interese veciñal

O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións para colectivos de interese veciñal

 

Estas axudas buscan fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal en Ponteareas

 

Co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal en Ponteareas, o Concello vén de abrir o prazo de solicitude de axudas destinadas a asociacións veciñais, culturais, regantes e Comunidade de montes para a realización de investimentos tanto de obra como de equipamentos.

 

O Concello de Ponteareas dedicará un orzamento máximo de 10.000 euros a estas axudas económicas, que poderán acadar ata o 80% do investimento realizado cun límite de 3.000€ para a realización de obras e de 1.500€ para a dotación de equipamentos. “O noso obxectivo é apoiar na medida do posible o traballo que están a desenvolver as asociacións en Ponteareas coa implicación de toda a veciñanza, o que sen dúbida contribúe a mellorar a realidade da nosa vila”, recalca Chus Garrote, responsable da concellaría de Vías, Obras e Alumeado. 

 

As entidades interesadas terán ata o vindeiro 28 de xuño para presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Concello. Poden consultarse as bases da convocatoria e descargar os formularios de solicitude na web municipal.

 

Calquera aclaración pode plantexarse a través do enderezo electrónico alumeado@ponteareas.es ou no teléfono 986 64 22 45 de luns a venres de 08.00 a 10.00 horas.