O concelleiro de Lingua informa dos novos cursos gratuítos CELGA de lingua galega

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, quere informar a cidadanía da posibilidade de realizar de xeito gratuíto os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Estes cursos están convocados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2020, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 5 ata o 15 de xaneiro de 2021, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Todas as persoas que estean interesadas e precisen infomación sobre estes cursos poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán información detallada sobre estas accións formativas.