O concelleiro de Educación do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, reuniuse coas direccións dos centros de ensino de Ponteareas

Reunión coas direccións dos centros de ensinoO concelleiro de Educación do Concello de Ponteareas mantivo a semana pasada unha xuntanza cos responsables da dirección de todos os centros de ensino de Ponteareas, de infantil, primaria e ESO, tanto públicos coma concertados, para tratar diversos temas de especial interese para o colectivo. Entre os asuntos que se trataron, un entendeuse de máxima importancia como é a situación da zonificación actual, que asigna a cada centro os alumnos que se poden matricular nestes dependendo do domicilio do alumno. Así chegouse á conclusión unánime de que é necesaria unha reestructuración desta asignación e facer unha nova proposta de zonificación, tendo en conta os núcleos de máis poboación en idade escolar, sobre todo, dentro do casco urbano.

Segundo o edil de Educación, Andrés Sampedro Fernández, esta nova asignación e restructuración das zonas de adscrición dos centros é necesaria e importante, tendo en conta o aumento de alumnos en determinadas zonas e, pola contra, de diminución noutras e para o cal trasladaráselle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estas inquietudes do colectivo do Ensino para poder chegar a unha nova zonificación, acorde coas necesidades actuais.