O complexo deportivo Álvaro Pino acolle a final da Copa Promoción Bádminton Xogade 2019

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, convida a toda a cidadanía a desfrutar do deporte na final da Copa Promoción Bádminton Xogade 2019 que terá lugar este sábado día 25 de maio de 15:30 a 20:30 horas no complexo deportivo Álvaro Pino.

Máis de douscentos participantes de toda a provincia de Pontevedra que competirán nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete concluíndo as oito xornadas desta copa de promoción que se foron desenvolvendo en distintos concellos cun éxito rotundo de participación.

Para o Club Bádminton Ponteareas “é un orgullo que a final se celebre no noso complexo deportivo. Esta é a terceira tempada e cada ano vai medrando e son máis os e as deportistas que se retan nesta copa”.

Esta final de copa está organizada polo Club Bádminton Ponteareas, polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e polo concello de Ponteareas coa colaboración do servizo de Protección Civil Ponteareas.

A organización destaca o apoio da Federación Galega de Bádminton e tamén quere agradecer ás empresas colaboradoras a súa axuda e apoio: Panadería Francos, Gadis, Deportes Carlos Miguel, Frutas Carlos, Wilson e Restaurante Rivero.