O comercio de Ponteareas remata a campaña do Día da Nai cun concerto de Antonio Barros e iAlma na Praza Maior

O comercio de Ponteareas remata a campaña do Día da Nai cun concerto de Antonio Barros e iAlma na Praza Maior

 

Será este sábado 7 de maio de 18.30 a 21.00 horas. No descanso da actuación sortearanse máis de 1.000 vales de compra

 

O comercio local de Ponteareas quere premiar a fidelidade dos e das veciñas cun gran acto que porá punto e final á campaña realizada nos últimos días ao abeiro do Día da Nai. A Federación do Comercio, Hostalaría e Servizos de Ponteareas, Banastra, en colaboración co Concello, celebrará este sábado 7 de maio un concerto na Praza Maior de Ponteareas a cargo de Antonio Barros e iAlma, un dúo acústico a piano e voz que buscará tocar o corazón do público e xerar todo tipo de emocións.

 

Durante o descanso da actuación, procederase a realizar o sorteo de máis de 1.000 euros en vales de compra, “unha iniciativa coa que se continúa dando pulo ao comercio local e fomentando o consumo de proximidade entre todos os veciños e veciñas”, como salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

 

O público poderá gozar da actuación e do sorteo de 18.30 a 21.00 horas de balde. A rexedora convida a toda a veciñanza a achegarse ata a Praza Maior e pasar unha tarde de lecer e cultura ao tempo que se lle dá vida ás rúas da vila e se dinamiza o comercio local.