O Club “Café Goya” de Ponteareas conquista a Copa Galicia

O torneo tivo lugar en Santiago de Compostela a pasada fin de semana e os deportistas ponteareáns conseguiron o primeiro posto nas modalidades de “parellas” e “equipo”

billiard-157924_1280 (1)Os xogadores Brais Pino, Juan José Núñez e Roberto Baz, todos membros club de billar ponteareán “Café Goya”, veñen de proclamarse campións da Copa Galicia por equipos.

O torneo, que de disputou no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela, tamén serviu para ver como Brais Pino e Juan Núñez saían vencedores na competición por parellas, acadando deste xeito un dobrete que pon de manifesto o gran estado de saúde deste deporte na vila do Tea.

Trátase da máxima categoría do billar autonómico, o cal demostra “o enorme nivel deste club e dos membros que o forman, que xa veñen deixando claro ao longo dos últimos anos que estamos diante de xogadores de moita calidade”, asegurou o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, quen tamén sinalou que vai “tentar apoialos todo o que sexa posible, pois levan o nome da nosa vila por moitos lugares e, asemade, o asocian con multitude de éxitos”.

Luciano Novoa, membro do club ponteareán “Café Goya”, non non dubida á hora de afirmar que na “comarca do Condado hai moitos xogadores que atesouran unha enorme calidade”, chegando, algúns deles, a “disputar o campionato do mundo amateur en divcersas ocasións”.