O Club Baloncesto Condado organiza unha nova edición de “Basket na rúa”

O evento terá lugar o vindeiro sábado 19 de setembro a partir das 16:00 horas na Praza Maior de Ponteareas

Este ano leva o nome de Memorial Emilio López Fernández, en recordo a un membro do club falecido recentemente

basket-na-rúa-2015Unha nova edición de “Basket na rúa” terá lugar na Praza Maior de Ponteareas o vindeiro sábado, 19 de setembro, a partir das 16:00 horas. O Club Baloncesto Condado organiza este torneo por décimo sétimo ano consecutivo e quere aproveitar para lembrar a un compañeiro do club falecido recentemente, Emilio López Fernández, que é o nome desta edición.

A inscrición pódese facer na mesma praza un pouco antes do inicio dos encontros. Cada equipo poderá ter un máximo de 5 compoñentes, sendo preciso aboar unha cantidade de 15 euros por equipa para poder gozar dun campionato que se xoga na modalidade de 3×3 e que garante a disputa dun mínimo de 6 partidos a cada formación.

A concellería de Deportes, xestionada por Benito Márquez, quere animar a todos os afeccionados a este deporte a participar desta xornada de baloncesto na Praza Maior da vila. Para máis información, o club ten habilitado o seguinte número de teléfono: 600556721.