O CIM porá en común coa cidadanía o traballo realizado no pasado ano nun acto particpativo que terá lugar este xoves

O Centro de Información á Muller (CIM) dependente da Concellería de Igualdade e Benestar Social que dirixe Verónica Carrera convida a toda a veciñanza á posta en común do traballo realizado dende este servizo municipal.

No encontro, que terá lugar o vindeiro xoves día 30 de 17:30 a 19:30 horas, avaliarase as accións, actividades e servizos ofrecidos dende o CIM e darase a coñecer aos e ás asistentes o traballo que desenvolven a diario.

A concelleira Verónica Carrera adianta que neste encontro participativo recollerán tamén as aportacións do público traballando ao longo destas dúas horas en conxunto coa cidadanía para optimizar o servizo do noso Centro de Información á Muller.

A avaliación e posta en común do traballo do CIM será no salón de plenos da Casa do Concello.

É indispensable involucrar a toda a cidadanía para acadar unha sociedade en igualdade, comprometida cos dereitos e deberes do individuo e cívica na que as persoas podan realizarse con liberdade e desenvolver as súas inquedanzas dende o respecto e sen medos. Por este motivo queremos compartir o traballo que realizamos e escoitar as suxestións da cidadanía”, explica Verónica Carrera.