O Ciclo Mestre Mateo de cine leva o documental “A poeta analfabeta” a Ponteareas

Cartaz Proxección de A Poeta analfabeta en Ponteareas

 

A peza que retrata a vida de Luz Fandiño proxectarase este venres 27 de maio

O Ciclo Mestre Mateo de cine, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, leva este venres “A poeta analfabeta” a Ponteareas.

 

O documental de Sonia Méndez retrata unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos, Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX.

 

“As persoas asistentes á proxección poderán ver unha muller brava, unha persoa profundamente política e un ser cunha humanidade excepcional”, indicou o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

 

A proxección terá lugar a partires das 20:00h no Auditorio Municipal de Ponteareas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.