O Centro Social de Ponteareas acolle este xoves unha xornada sobre “ A importancia da imaxe na sociedade actual”

concelloO xoves, día 26 de marzo, o Centro Social acollerá unha xornada sobre “A importancia da imaxe na sociedade actual”, que terá lugar ás 19:45 horas. Trátase dunha iniciativa de carácter informativo e formativo que será impartida por especialistas en imaxe persoal, como é a empresaria ponteará do sector Cristina Rodríguez, e a “personal shopper”, Rosina Landó, as que achegarán a visión de cómo cada vez máis a imaxe persoal é importante no mundo en que vivimos, tanto a nivel profesional, como no de busca de emprego e tamén nos actos sociais e familiares. Esta xornada vai dirixida tanto a mulleres como a homes que sintan inquietude por estes temas e é completamente gratuíta.

Esta xornada gratuíta comezará ás 19:45 horas coa recepción para, tras a presentación dos invitados, dar comezo á xornada en si, que finalizará ás 21:30 coa clausura e a invitación dun viño español a todos os asistentes.

O Concello de Ponteareas colabora con esta xornada posto que segundo a edil da área de Emprego, Comercio e Industria, Marisol Valado, a través desta iniciativa novidosa os participantes poderán valorar a importancia da imaxe persoal á hora, por exemplo, de presentarse a unha entrevista de traballo, onde ademais do currículo, a imaxe tamén conta. Así mesmo, desde o eido do sector do comercio relacionado coa imaxe, tanto de venda de roupa como de cosmética, pode ser interesante á hora de cómo asesorar aos seus propios clientes.