O centro de reparto de alimentos recollerá mañá axuda na entrada dalgúns supermercados

A concelleira de Benestar Social de Igualdade, Verónica Carrera, informa que o centro de reparto de alimentos recollerá axuda mañá venres na entrada dalgúns supermercados de Ponteareas. En colaboración co voluntariado estarán en horario de mañá e tarde recollendo alimentos para as e os beneficiarios do centro de reparto de alimentos.

Na actualidade o centro de reparto de alimentos atende a 244 persoas das que 66 son menores de quince anos. Dende o centro explican que agradecen todo tipo de aportación de produtos de alimentación non perecedoira, pero son máis urxentes, dado o elevado número de menores, os “potitos”, leite en po para bebés, cereais para bebés, aceite de oliva, legumes e xudías e verduras en conserva.

A concelleira Verónica Carrera agradece a implicación do voluntariado e de todas aquelas persoas que aportan o seu gran de area para axudar as familias que is o precisan.