O Centro Cultural Os Muíños de Oliveira acolle un curso de cestería de balde

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 10 de abril

O Centro Cultural Os Muíños de Oliveira acolle un curso de cestería de baldeAs parroquias de Ponteareas continúan acollendo os novos cursos de balde postos en marcha polo Concello para achegar as actividades lúdicas e didácticas aos diferentes centros e casas culturais. O vindeiro en arrancar será un curso de cestería no Centro Cultural Os Muíños de Oliveira, un taller de 12 horas de duración no que as persoas participantes aprenderán a elaborar distintas pezas artesanais.

Este curso iniciarase o vindeiro 18 de abril e as clases impartiranse martes e xoves de 17.00 a 19.30 horas. Haberá un máximo de 12 prazas dispoñíbeis e o prazo de inscrición e reserva abrirase o próximo luns 10 de abril.

As persoas interesadas en participar poderán solicitar máis información sobre o curso achegándose ao centro cultural ou ao departamento de Cultura ou enviando un correo electrónico coas dúbidas ao enderezo departamentocultural@ponteareas.gal.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar nesta e en todas as actividades de cultura e lecer que o Concello está desenvolvendo nas distintas parroquias.