O Centro Comercial Tea acolle unha exposición de beléns

1450435723855A Asociación de Comerciantes Tea, en colaboración coa concellería de Comercio dirixida por Mario Lago, organiza unha exposición de 5 beléns dende o 18 de decembro até o 6 de xaneiro, día de Reis.

O Centro Comercial Tea é o escenario escollido pola asociación para acoller un total de 5 beléns. Catro deles están feitos por particulares e un polo propio Concello de Ponteareas. Todos eles contan con grandes dimensións e elementos de deseño que dotan a esta exposición dun alto nivel de calidade.

A mostra poderá ser visitada de maneira gratuíta en horario de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres, e en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas os sábados e domingos.