O Centro Asprodico ven de recibir, por segundo ano consecutivo, unha subvención de máis de 50.000 euros; axuda que se enmarca dentro do “Programa de Apoio Psicosocial e Familiar á Atención Temperá” da Consellería de Traballo e Benestar.
Foron moitos os esforzos feitos dende o Concello para que neste Decreto estivese recollido “Asprodico” , como o resto de servizos comunitarios, permitindo garantir a continuidade e estabilidade do centro, mantendo e mellorando a calidade deste servizo prestado a cidadanía e non escatimando esforzos para que os servizos sociais, que se prestan na vila, non soo continúen prestándose senon que se melloren día a día, tanto no aspecto da prestación do servizo en sí mesmo, como tamén no mantemento das instalacións.
Xa no ano 2012 o alcalde ponteareano, Salvador González Solla e maila concelleira de servizos sociais-atención primaria, Marisol Valado, mantiveran diferentes reunións coa Conselleira de Traballo e Benestar, Dona Beatriz Mato, así como tamén da visita desta ao propio centro, na que se abordara a posibilidade de recibir axuda dende a Consellería para o Centro de Discapacitados “Asprodico”, dado a importancia do servizo para Ponteareas e para outros concellos.
No centro cóntase, por unha banda, cun servizo diúrno para persoas adultas con discapacidade psíquica, física o/ou sensorial, maiores de 18 anos e con necesidades de apoios xeralizados, cuxa finalidade consiste en procurar a integración destas persoas, mediante a realización de actividades de formación para a súa habilitación laboral, desenvolvemento da súa autonomía persoal e capacitación social. Para acadalo, trabállase a traves de diferentes talleres de creatividades, de manualidades con materiales de reciclaxe, taller de horti-floricultura, reforzo pedagóxico, mantemento físico a través de ximnasia de mantemento e Pilates, habilidades do fogar, hidroterapia no complexo deportivo Álvaro Pino, hipoterapia en el club hípico Char e terapia canina. Tamén excursións e saídas culturais.
Tamén, dirixido as persoas cunha situación económica e nivel adquisitivo medio- baixo, realízase un taller de alfabetización e outro de educación de adultos, ademáis da E.S.O. para persoas con discapacidade, que se comezou a impartir este último curso académico.
No eido da atención temperá dos nenos e nenas en idades comprendidas dos 3 aos 14 anos, préstase o “Servizo Municipal de Atención Temperá, Logopedia e Apoio Pedagóxico”, ademáis do asesoramento aos pais e nais.
De cara a poboación adulta, acábase de crear o servizo de “logopedia para adultos”, en colaboración con Cogami e Adapta, e que surxe como complemento a atención temperá para abordar diferentes trastrornos da linguaxe producidos por accidentes, enfermedades,…e que evita o traslado a outros centros fora de Ponteareas.