O CDL de Ponteareas forma operadores de ponte grúa

DSC01525Esta mañá, tivo lugar a entrega das titulacións acreditativas, aos asistentes ao curso de “Prevención de riscos laborais no manexo de Ponte Grúa, que se impartiu no CDL de Ponteareas, perante o mes de decembro.

Neste acto, os alumnos estiveron tamén acompañados polos técnicos de “Gadepro Formación y Consultoría”, entidade que impartiu a acción formativa.

Os principais obxectivos desta formación son: que os participantes, adquiran os coñecementos necesarios, para estar en disposición, de utilizar as pontes grúa, baixo as axeitadas condicións, de seguridade e poder acceder a postos de traballo no sector da industria manufactureira, que actualmente demanda este tipo de cualificación.

“Esta acción formativa, impartiuse conforme as directrices establecidas, no RD 1215/1997, sobre seguridade dos equipos de traballo, que obriga a ter unha formación específica, para a utilización segura destas e outras máquinas”, matizou Valado, quen felicitou aos asistentes, e informounos dos servizos que están a súa disposición no CDL, para facilitar a súa inserción laboral, como os talleres gratuitos, de busca de emprego, a formación en competencias clave para o acceso a certificados de profesionalidade ou o recoñecemento da experiencia profesional e a súa convalidación, por modulos formativos.

Tamén o alcalde Salvador González, puxo de manifesto que as cifras do desemprego está mellorando pouco a pouco e que “o pulo que dende o concello se está a dar neste senso, a través de iniciativas como esta, poñen de manifesto que se está no bo camiño, para incrementar no 2015 as boas cifras de ponteareáns que acceden a un emprego”.

Os doce alumnos, que remataron a súa fase formativa, recibiron formación teórico-práctica, sobre: as pontes grúa, o seus controles habituais, modos de operación, eslingados, sinalización, cadea de mando e responsabilidades nas operacións e obligacións dos traballadores.

Mediante a utilización de presentacións multimedia os participantes, fixeron casos prácticos de forma individual e grupal. A parte práctica, desenvolveuse nunha empresa da zona, os alumnos empregaron unha ponte grúa de 12,5 toneladas, facendo: eslingados, movemento de cargas, recollida e depósito das mesmas e sinalización de manobras.

Actualmente está aberto o prazo de inscrición, para uncurso de carretillero, con prácticas reais en empresa.