O campo de fútbol Eido D´Albo, en Xinzo, terá un almacén

dav

A concellería de Urbanismo, Vías e Obras, que dirixe a tenente de alcalde Chus Garrote, informa que xa comezaron as obras para a construción dun almacén deportivo baixo as gradas do campo de fútbol Eido D´Albo na parroquia de Xinzo.

Dando resposta a esta demanda veciñal, as obras que xa comezaron garantirán a accesibilidade a este novo espazo situado no barrio de O Picoto que conta cun orzamento de 26.192,88€.

Este espazo de máis de oitenta metros cadrados servirá para o almacenamento e nel desenvolveránse obras de movementos de terras, ventilación, carpintería e albanelería entre outras reformas para que este espazo baldío teña unha utilidade.

Chus Garrote adianta que no prazo de mes e medio a obra estará rematada lista para o seu uso.