O Campionato Provincial de Bádminton Escolar terá lugar no Pavillón Álvaro Pino o vindeiro sábado 28

O organizador do evento Víctor Lemos, acompañado do coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra Guillerme Reinaldo, presentaron o torneo rapaces  e rapazas en idade escolar

IMG-20160526-WA0001O evento será o sábado a partir das 9.00 horas ata as 14.30 e participarán nenos e nenas de colexios e clubs en categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete de 8 a 15 anos. Conta con máis de 250 participantes inscritos vindos de todos os puntos da xeografía pontevedresa: Val Miñor, Baixo Miño, Condado, Paradanta ou Terras do Montes, entre outros.

A organización corre a cargo do Club Bádminto de Ponteareas, na súa terceira edición, co apoio do programa Xogade da Xunta. Esta iniciativa ten coma obxectivo levar a actividade deportiva a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.