O concelleiro de Deportes en funcións, Miguel Bouzó, traslada os seus parabéns ao Club de Patinaxe Artística Luar que clasificou ao seu patinador Iván Lavouras na primeira división.
O pasado 13 de marzo celebrouse no concello veciño de Salvaterra o campionato de preseleccións de cadete a sénior 2021 de patinaxe artístico sobre rodas. Despois dun ano sen competir o Club de Patinaxe Artística Luar contaba neste campionato coa presenza de tres patinadores/as. Na categoría cadete Neferet Faya e Paula Pérez conseguiron a 17º e a 19ª posición respectivamente e na categoría junior o club contaba coa presenza de Iván Lavouras que obtivo a terceira posición conseguindo clasificarse para o ascenso a primeira categoría.