O bádminton solidario volve a Ponteareas o 26 de decembro

O bádminton solidario volve a Ponteareas o 26 de decembro

 

O torneo celebra a súa quinta edición ás 16.00 h no complexo deportivo Álvaro Pino

 

O deporte solidario e non competitivo volve ser o protagonista en Ponteareas. O Club Bádminton Ponteareas, en colaboración co Concello, organiza o vindeiro 26 de decembro o V Torneo Solidario Concello de Ponteareas 2021, unha cita a partir das 16.00 horas no completo deportivo Álvaro Pino que reunirá a arredor dun cento de deportistas de centros educativos e clubs das categorías alevín, infantil, cadete e absoluta.

 

As inscricións son abertas e gratuítas, tan só deberá achegarse produtos de comida non perededoira. Todo o recadado será doado de forma integra ao centro de reparto de alimentos dependente da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ponteareas. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través do correo electrónico cbponteareas@yahoo.es ou no teléfono 609 927 471.

 

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, felicita ao Club Bádminton Ponteareas “por organizar unha nova edición deste evento de carácter social, que cobra especial relevancia nas datas nas que nos atopamos. Para nós é un orgullo contar con clubs tan implicados que non só miran polo deporte, senón tamén polo futuro da vila”. “E temos que agradecerlle tamén o labor de difusión que fan dun deporte como o bádminton, que en Ponteareas ten un gran canteira en boa parte grazas ao traballo que está a facer o club”, salienta.

 

Pola súa banda, Víctor Lemos, presidente do club, convidou a todos os xogadores e xogadoras “a inscribirse e achegar o seu gran de area a esta nobre causa” e a toda a veciñanza “a gozar desta gran festa deportiva e solidaria a través das redes sociais do club”, xa que será a porta pechada dada a situación sanitaria.