O apalpador visitará Ponteareas este mércores ás 17.30 horas

Sairá da Casa do Concello e percorrerá as rúas acompañado do grupo de música tradicional de Areas

 

O apalpador baixará das montañas para coñecer a todos os nenos e nenas de Ponteareas este mércores ás 17.30 horas. O xigante carboeiro sairá da Casa do Concello e percorrerá as rúas da vila do Tea acompañado do grupo de música tradicional de Areas. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, anima ás familias a desfrutar deste persoeiro do Nadal galego “cun pasarrúas moi divertidos para os pequenos e pequenas”. 

 

“Coa visita do Apalpador queremos por en valor a nosa tradición entre a nosa infancia”, explica o edil, “ao tempo que damos un espazo para que unha agrupación de tanto valor para nós, como é o grupo de música de Areas, mostre o seu traballo”. 

 

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo pechará o día

Ponteareas dirá ata logo a Papa Noel ata Noiteboa coa música da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, que ofrecerá un concerto na sala multiúsos do Auditorio Municipal ás 20.30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.