O alumnado do Verán Rural de Prado descubríu recunchos máxicos da súa contorna

A concelleira de Ensino e tenente de alcalde Cristina Fernández Davila despedíuse do alumnado da segunda quenda de xullo do Verán Rural en Prado que mañá remata a súa aventura neste campamento ofrecido pola concellería para facilitar a concialiación laboral e familiar e ofertar aos cativos e cativas quince días de lecer didáctico.

Cristina Fernández entregou un pequeno agasallo aos pequenos e pequenas que se suma ás lembranzas que lle deixan estes quince días de aprendizaxe nos que tamén aproveitaron para descubrir recunchos fermosos da súa contorna como o parque forestal Campo de Vide.