O alumnado do obradoiro de emprego “Coidar de Nós” planta un camelio en homanaxe a Rosalía de Castro

O alumnado do obradoiro de emprego “Coidar de Nós” convidou ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, á plantación dun camelio nos xardíns do Centro de Desenvolvemento Local (CDL) con motivo do aniversario do nacemento da autora galega Rosalía de Castro, na actividade tamén participaron as alumnas do módulo de sociosanitaria.

Alumnas e alumnos do módulo de xardinería aproveitaron para ensinarlle a Represas os traballos realizados no entorno do CDL donde substituiron as tuias afectadas polos incendios por novas especies de arbustos máis axeitadas para a zona e de menor mantemento, tamén procederon a realizar tarefas de limpeza e de semente de herba para o xardín.