O alumnado de Ponteareas continúa coñecendo o concello a través da Biblioteca Municipal

O alumnado de Ponteareas continúa coñecendo o concello a través da Biblioteca Municipal

 

O alumnado de Ponteareas continúa coñecendo o concello a través da Biblioteca Municipal. Esta semana os mozos e mozas de 1º da ESO do IES Barral visitaron o Museo e a Biblioteca para coñecer a historia do municipio dende as épocas máis antigas, pasando pola etapa de cultura castrexa, Ponteareas medieval ata a época contemporánea, e o funcionamento destes dous servizos públicos. 

 

No Museo Municipal puideron coñecer as pezas arqueolóxicas procedentes do Castro de Troña, a arte rupestre, varias pías bautismais e o primeiro coche de bombeiros que tivo o Concello de Ponteareas ademais dunha serie de vitrinas cos ponteareáns mais senlleiros: Fermín Bouza Brey, Manuel Domínguez Benavides, Rogelio Lorenzo, Alfredo Pedro Guillado, Emilia Estevez Villaverde, Reveriano Soutullo…

 

Os alumnos e alumnas tamén coñeceron o funcionamento e instalacións da Biblioteca Municipal de Ponteareas. Aprenderon a como facerse socios ou socias e as vantaxes que isto conleva. Un dos aspectos mais salientables é que unha persoa usuaria desta biblioteca é automaticamente socio e socia de calquera biblioteca de Galicia.

 

O Concello tamén quere lembrar que a Biblioteca de Ponteareas organiza diversas visitas ao Castro de Troña, ao Cemiterio Municipal, a Igrexa románica de Ángoares, fai un percorrido pola historia de Ponteareas, ademais das visitas ao Museo e á Biblioteca Municipal. Os centros escolares e colectivos interesados tan só teñen que poñerse en contacto a través do correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou chamar ao teléfono 986 660 765 para solicitar aquela visita que máis lles interese.