O alumnado de Grao elemental do Conservatorio Municipal realizará un concerto solidario hoxe venres 16

Ás 18 horas terá lugar no Conservatorio con recollida de alimentos, produtos de primeira necesidade e xoguetes en colaboración co Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas

A semana seguinte, o concerto de Nadal será a cargo dos alumnos de Grao Profesional e terá lugar no Auditorio Municipal o mércores 21 a partir das 20.00 horas coa participación das agrupacións máis representativas do centro.

Ao longo desta semana realizarán a partir das 19.00 horas a audición dos alumnos da materia de Música de Cámara e continuarán coas audicións do resto das especialidades que se imparten no Conservatorio Municipal de Ponteareas.

A dirección do Conservatorio quere invitar a todas as persoas amantes da música a achegarse e vivir estes concertos onde os alumnos poñen en práctica todas as habilidades adquiridas desde o inicio de curso.