O alumnado da rama forestal do obradoiro social de emprego fórmase no manexo de ferramenta profesional

A concellería de Formación e Emprego dotou con tres desbrozadoras profesionais e unha motoserra ao alumnado para o desempeño dos traballos de limpeza do monte da Picaraña

A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, informa que se vén de dotar ao alumnado do módulo forestal do obradoiro de emprego “Coidar de Nós II” con tres desbrozadoras profesionais e unha motoserra para a realización dos traballos de limpeza do monte da Picaraña.

Antes de comezar o alumnado recibíu formación no uso e mantemento da maquinaria con motivo do
inicio da obra a principios de febreiro no Parque da Picaraña , para dar
cumprimento ás obras do proxecto e aos certificados de profesionalidade
dentro dos programa mixtos de formación e emprego, onde os alumnos/as
están contratados durante 9 meses  polo Concello de Ponteareas. “Garantindo así que o alumnado reciba unha formación o máis completa posible que lles permita optimizar as prestacións desta maquinaria e ser o máis autónomos posibles a hora de desenvolver o seu traballo”.

Ademais, o alumnado recibíu tamén equipos de protección como cascos, auriculares ou guantes de traballo que deberán empregar na realización das súas tarefas.

Este obradoiro enmárcarse nas iniciativas de emprego do actual goberno municipal, que ten como finalidade formar a poboación para acceder a máis ofertas de emprego e xerar oportunidades de traballo”, manifestou a concelleira socialista.

Fernández sinala que este é xa o quinto ano consecutivo que Ponteareas conta co apoio da administración que avalía positivamente as propostas presentadas por este goberno.